A XIV Mostra de Teatro das Autonomías en Madrid contará cunha forte presenza de compañías galegas

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Nesta edición, a Mostra profundiza no seu firme compromiso de ofrecer, ao mesmo tempo, un espazo para a presentación de compañías doutras comunidades autónomas e un reflexo das inquietudes dos profesionais do teatro. Ano tras ano, este certame consegue que o público teña acceso a propostas que dificilmente poderían chegar por si soas á capital de España. Deste xeito, o público madrileño terá a oportunidade de gozar, por exemplo, das obras de Teatro do Ningures, do Centro Dramático Galego ou do Teatro do Noroeste. Así pois, quedará patente en Madrid a extraordinaria vitalidade dun teatro galego que se realiza fóra dos núcleos escénicos máis comerciais. Desde 1996, polo Círculo de Belas Artes pasaron máis dun cento de agrupacións teatrais de moi diversa procedencia. Estrearon obras de autores contemporáneos de distintas xeracións e puxeron de manifesto a puxanza dun teatro plural e non condicionado por intereses espurios. Esta Mostra, dirixida por José Manuel Garrido Guzmán, está patrocinada pola área das Artes do Concello de Madrid e conta coa colaboración do INAEM do Ministerio de Cultura.

 

[Entrada: 14 €. Socios, tarxeta xove, maiores de 65: 11 €]

902 488 488\">www.entradas.com