Cobertura e audiencias

Radiofusiòn comeza o 2006 emitindo desde das seguintes emisoras: 

  • Canal Tea-Ponteareas (98.4 FM)
  • Ames Radio (107.2 FM) 
  • Radio Allariz (107.2 FM) 
  • Radio Arzúa (107.4 FM) 
  • Radio Culleredo (101.2 FM) 
  • Radio Eume - As Pontes (107.5 FM) 
  • Radio Fene (107.7 FM) 
  • Radio Foz (107.4) 
  • Radio Negreira (107.0 FM) 
  • Radio Ordes (107.3 FM) 
  • Radio Redondela (94.9 FM) 
  • Radio Tui (107.4 FM) 

Radiofusiòn pode ser sintonizada desde calquera punto de Galiza situado nas zonas que aparecen en cor amarela no seguinte mapa:

Radiofusiòn atinxe o 20% da superficie galega, case o 50% da poboación. 

Radiofusiòn quer aproveitar o espazo que na radio existe para a información de carácter local e comarcal. Diversos estudos poñen de relevo que este é o tipo de información que mais medrou e que máis potencial ten para as próximas décadas. 

Radiofusiòn non pode entrar no EGM, por ser este un estudo cunha metodoloxía que favorece ás grandes cadeas radiofónicas realizan moi poucos minutos de produción local propia. 

Radiofusiòn conta, porén, con sondaxes de audiencia encargadas por varios asociados a empresas especializadas. Segundo estas fontes as emisoras municipais alcanzan: 

  • Unha notoriedade media do 94% nos seus concellos e do 76% no seu ámbito inmediato de influencia, que podemos identificar coa comarca.
  • Unha audiencia semanal media do 60% nos seus concellos e do 37% na comarca. 
  • Unha audiencia diaria media do 33% nos seus concellos e do 15% na comarca.
  • Un tempo medio de escoita por día de 43 min. nos seus concellos.
  • Un "share" do 30% nos seus concellos e do 6% na comarca.

Radiofusiòn obtén un"share" do 11% na nosa área de cobertura, o que significa un "GRP" de 76.000 ouvintes.