Árbores no deserto de Rosalía Fernández Rial

Programa: 
Club de lectura

A última obra de Rosalía Fernández Rial, “Árbores no deserto” é unha alusión á condición femenina, ás mulleres silenciadas que, a pesar diso, deron froitos producindo arte e pensamento. “Árbores no deserto” é un libro pero tamén unha performance. En todas as mulleres escollidas hai unha aposta polo escénico, na forma e no fondo. É un libro artístico, cuns códigos mais propios das artes plásticas. Desvela a autora que ten un proxecto coa ilustradora do libro para levalo a unha exposición plástica. Está pensado para unha sala expositiva. Rial quere traballar co libro nas escolas. De feito tiña preparado antes do confinamento unha unidade didáctica que agora verá como adapta á situación.

Participan: Esther Val, Rosalía Fdez Rilal, Andrés CM Riveira, Henrique Sanfiz e Maita Martínez Prieto.