ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Antón Patiño asegura nun fragmento do libro Océano Oroza que o poeta falecido en Vigo en 2015 ten todos os ingredientes para converterse nun clásico, porque xa gañou a batalla do tempo. A súa poesía define un ámbito propio, unha fusión arte-vida na que foi construíndo o seu poema total. Orixinalidade extrema e actitude radical como características esenciais da súa entrega. Igual que a súa necesidade permanente de perfección e depuración, de reelaboración nunha vontade de estilo marcada pola oralidade e o ritmo, buscando sempre a resonancia no canto. Antón Patiño di tamén que os seus recitais poéticos foron sempre o seu modo de expresión privilexiada, polo seu carácter memorable e de acontecemento singular, porque enchía por completo o escenario en canto empezaba a recitar, a dicir, porque el, máis ca recitar, di.
Fotografía Xan Xe
Xabier Romero, María Xosé Porteiro, Xabier Magalhaes, Elvira Alvarez, Ana Santiago e Henrique Sanfiz conversaron sobre Carlos Oroza:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/260324OROZA.mp3