ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter

Onda ODS O Futuro é teu, o espazo radiofónico sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e Axenda 2030 desenvolveu, conducido por Pablo García de Radio A Estrada, este coloquio no Concello pontevedrés de Moraña. Trátase do cuarto coloquio con expertos que desenvolvemos dende de Emisoras Municipais Galegas, dentro do proxecto Onda ODS O Futuro é Teu que compartimos con máis de 200 emisoras municipais e comunitarias desenvolvendo, por terceiro ano consecutivo, un proxecto avalado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030.
Catro persoas convidadas coa que abordamos, dende cada unha das súas disciplinas académicas ou dende a experiencia persoal, moitas das preguntas que o fenómeno do despoboamento provoca.
Escoitaremos a Iván López Martínez, Doutor en Economía e profesor na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña na que é Vicedecano de Organización Académica e Titulacións. O Catedrático de Xeografía Humana da USC; é tamén o Director do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, o IDEGA, e Vicepresidente da Unión Xeográfica Internacional (UGI), Rubén Lois.
A terceira das nosas convidadas é Juana Rodríguez, Xefa de Administración de Céltic Estores – Bandalux, unha empresa radicada en Moraña dende hai 25 anos.
E o último dos nosos convidados é Manolo Villaverde, responsábel do sector lácteo do Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas.
Tratouse dun intenso e interesante coloquio no que se debullaron moitos aspectos, os problemas pero tamén as vantaxes dunha vida no rural e se presentaron propostas que poidan favorecer un futuro sustentable, porque no rural hai moita vida.