198 – Arxe – Arxe (2019)(13.24)

Programa: 
Rumboia

O grupo vigués Arxe fai unha viaxe inspiradora polas músicas galegas de raíz ó través dos sentidos, conectando coa enerxía e tradición dos nosos devanceiros, coa a súa música, os seus cantares...

Arxe utiliza esta música de raíz combinada coa música de autor para crear o seu propio selo. Bebe da raíz da música tradicional coma unha árbore se nutre do seu redor para medrar e crear novas formas. Fai unha viaxe inspiradora polas músicas e ritmos galegos; xotas, rumbas, muiñeiras… mesturádoos con influencias doutros folclores e rítmos.

É Arxe, madeira, o elemento principal dos seus instrumentos o que lles dá nome, un vocablo rescatado das extintas xergas gremiais, o que os une á terra e á tradición establecendo a través da música una conexión entre o espectador e a riqueza do noso folclore.