199 – Faíscas do Xiabre – In Memoriam – (1979) (10.57)

Programa: 
Rumboia

O cuarteto Faíscas do Xiabre formouse en Catoira no ano 1972. Logo de 2 anos de estudio e ensaio decidiron presentarse ao concurso celebrado nas Festas da Ascensión en Santiago de Compostela, acadando o 2º premio ese ano, e o 1º premio no ano seguinte, no 1975.

O cuarteto Faíscas do Xiabre  estaba composto polos  gaiteiros  Xosé Vicente Ferreirós e Nando Casal, e polos percusionistas  Moncho García Rei e Piri Vicente Lorenzo.

A traxectoria do grupo estivo marcada polo afán de difundir a nosa música tradicional sen aditamentos, o que foi posible grazas á sólida formación que os catro músicos poseen como intérpretes e ao espírito científico que preside a selección das obras.

En xullo do ano 1978 participaron no 1º Festival de Ortigueira, e a comezos do 1979 publicaron o seu primeiro e único disco, “In Memoriam”, no que contaron coa colaboración de Antón Seoane e Rodrigo Romaní.  Pouco tempo despois, 3 dos membros de Faíscas do Xiabre uníronse a Seoane e Romaní para formar o grupo Milladoiro.