49 Razóns

Programa: 
Onda ODS

49 razóns: arte e moda para un futuro sostible é unha exposición que pon o foco na contaminación da industria da moda. Camisas brancas que foron desbotadas transfórmanse en lenzos de pezas artísticas únicas para concienciar sobre un consumo responsable e sostible. Trátase dun espazo multidisciplinar no que se pode gozar de arte plástico, fotografía, videocreación, instalación, danza e música. En Onda ODS, falamos coa súa impulsora, Beatriz Clara, sobre o impacto da industria téxtil no planeta.



Na imaxe, Beatriz Clara (impulsora de 49 razóns: moda e arte para un futuro sostible) e Tere Palacio (colaboradora de Insertega).