ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O uso dos dispositivos tecnolóxicos durante a noite ten consecuencias na nosa saúde. O denominado "vamping" quítanos a enerxía necesaria para funcionar ao día seguinte. A noite é ese momento no que moitas persoas teñen máis liberdade, máis intimidade, cando os demais dormen. Convértese nun momento idóneo para explorar nas redes sociais, o mesmo que outros para estudar ou ler. Afirma o psicólogo José Barcia que hai ademais certa cultura de que persoas especiais se “inspiran” na noite. Isto ven a conto do denominado “vamping” o uso de dispositivos electrónicos antes de durmir ou no tempo de durmir. Watssapear ou navegar na rede nas horas que deberamos adicar ao sono ten consecuencias. “Mesmo a luz das pantallas afecta ao sono” . “O vampiro chúpanos a vida, quítamos a enerxía como estes dispositivos nos quitan a enerxía necesaria para actuar ao dia seguinte. E todo isto desencadea uns cambios no noso organismo” afirma Barcia. O motivo principal deste abuso é o cambio tecnolóxico radical e tan rápido que sufrimos. Un cambio moi atractivo porque nos abre posibilidades ata hai pouco descoñecidas e irresistibles. Aclara Barcia que isto non ocorre so entre adolescentes, que tamén. Neste caso os contactos con persoas con malas intencións, pode converterse dun gran problema se non hai supervisión dos pais. E os proxenitores tamén deben ser conscientes de que os fillos repiten os nosos comportamentos. “Non podemos prohibirlles cousas que facemos nós". Hai tamén moitas persoas adultas que non acaban de ter unha relación saudable coas novas tecnoloxías e iso pode acabar en situacións negativas. Como evitalo? José Barcia recomenda, antes de nada, ser conscientes do problema porque o normal é negalo. En segundo lugar, planificar a nosa relación coa tecnoloxía e cambiar os nosos hábitos. Por exemplo, non estar tan pendentes do móbil e silencialo cando non podemos ou non debemos atendelo.