ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Segundo a escritora Ana Varela, en “Alcatrán” hai unha liñaxe circular de mulleres que aparece nos textos: as avoas ancestrais que vemos reviraren espadas, a muller que non sabe da morte da filla, as arracadas da madriña, a avoa que posúe o segredo do salgueiro e da auga. Tamén as mulleres participantes da resistencia á ditadura. Necesitamos apreixar a identidade a través da memoria e da lingua. Advirte Abalde na sociedade actual, dúas tendencias contrapostas. O mundo pode ser moito mellor pero ten que avanzar a resistencia fronte aos poderosos., O pobo galego é un pobo suicidado. A rapazada en Fene e Ferrol ten vergoña de falar galego, advirte o escritor. No poemario recolle palabras da variedade dialectal da zona de Vilalba. Usa palabras como xardois, canciós, máos, gurgullar ou sella. Reproduce a fala da Terra Chá.
“Alcatrán” logrou o Premio de Poesía Johan Carballeira 2020. Publicouno Edicións Xerais.Desprega unha constelación de supervivencias, case unha promesa de futuro. Unha epopea íntima e fráxil. Como dicía Álvaro Cunqueiro do poeta francés Germain Noveau: “Da súa boca saíron en concertadas palabras, un milleiro de tremen-tes ordes ao mundo; tal é a misión do poeta. Andou os vellos camiños que coseron as terras e os corazóns de antano, e sen os cales Europa -é dicir a liberdade- non é posíbel”.
Escoita aquí o pódcast sobre o libro "Alcatrán" de Marcos Abalde:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/201023ABALDE.mp3