Antonia Ferrín

Programa: 
Mulleres emprendedoras

Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense, en maio de 1914. Converteuse na primeira profesora de Matemáticas da Universidade compostelá, na primeira astrónoma galega e na primeira muller en defender unha tese sobre astronomía no Estado español. No ano 1937 o franquismo afástaa da docencia polas súas ideas políticas e non retorna ás aulas ata a década dos 40.