Antonina Sanjurjo

Programa: 
Mulleres emprendedoras

María Antonina Sanjurjo Aranaz naceu en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1910. Estuda Comercio en Vigo. En 1930 instálase na residencia de Señoritas en Madrid para continuar os estudos. Alí coñece o hóckey sobre herba que logo pon de moda entre as rapazas, fundando o Atlántica Hóckey Club.