Apuntes de un irreverente. Cándido Barral

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe Corral

O xornalista Cándido Barral ven de publicar Apuntes de un Irreverente. A través de 450 citas e as ilustracións de Siro López, o autor repasa con humor a actualidade política e social. Pablo Iglesias, Mariano Rajoy, Aznar ou o Papa Francisco son algún dos nomes propios aos que se lle dedican os aforismos presentes no libro. Tamén a banca é protagonista. “A banca é unha banda de delincuentes que atentan contra todo. Empezan violando un principio que para eles é sagrado que é a devolución con intereses do capital prestado. Á banca prestámoslle os españois sesenta e seis mil millóns de euros que non devolveron”, reflexiona Cándido Barral no clube de lectura de Radiofusión.