Arredor de Castelao no século XXI. Pilar García Negro

Programa: 
Club de lectura
Fotografia Xan Xe

O humor de Castelao tamén se traduce nunha divertida farsa que recrea a traxicomedia de tres imprudentes vellos que se namoran de mozas casadeiras. No acto final os esqueletos dos tres namorados reúnense no cemiterio para comentar os desenlaces en clave de humor negro. Os vellos non deben de namorarse. Para Carvalho Calero a obra é unha comedia didáctica, de sátira moral. O autor no seu humorismo macabro chega a infundir na  peza un alento tráxico e unha arrepiante crueldade. A obra teatral estrease en Bos Aires e Montevideo en 1941. A escenografía e o atrezzo tamén son da súa autoría. Castelao falece en Bos Aires, o sete de xaneiro de 1950, exiliado pola ditadura de Franco. 

 

Conversa con Pilar García Negro sobre "Arredor de Castelao no século XXI". Participan Ana Santiago e Antonio Tizón.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/240225NEGRO.mp3