Atlántico Norte, chamádeme Ismael. Xosé Iglesias

Programa: 
Club de lectura
Fotografía: Xan Xe Corral

Dúas forzas antagónicas turran da voz poética neste libro publicado pola editorial Caldeirón. Unha cara o corazón do mar e outra cara á terra, o terceiro poemario de Xosé Iglesias. Os referentes inmediatos desta obra, dende o mesmo título, son a poesía de Manuel Antonio e Moby Dick. Atlántico Norte, chamádeme Ismael viaxa polo Atlántico Norte onde podemos ver o horizonte dende a cofa, son de fondo da radio, as estrelas e sentir o vento e o cheiro do gasóleo.

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/041122IGLESIAS.mp3