Aula do mar nun Monumento Natural

Programa: 
Onda ODS

O Monumento Natural Costa de Dexo ocupa a costa norte do Concello de Oleiros. A antiga casa do fareiro acolle na actualidade a Aula do Mar, un centro de recepción de visitantes no que podemos ver unha exposición permanente coa reprodución dunha batea, os antigos focos do faro e outros elementos expositivos de alto interese histórico e medioambiental. Coñecemos a flora, a fauna e os plans de conservación deste entorno con Irene Baspino, bióloga e técnica de atención do Aula do Mar.