Capital con conciencia: as empresas que cambian Europa

Programa: 
Conexión Europa

Neste episodio de Conexión Europa falamos de economía social, un modelo que demostra que outra forma de emprender, traballar e xerar impacto é posible.

Conversamos con Ana Olveira Branco, presidenta de EspazoCoop e investigadora especializada en cooperativismo, sobre o papel que desempeñan as cooperativas e as entidades de economía social na construción dunha Europa máis inclusiva e cohesionada.

Presentarémosvos o proxecto transfronterizo ES-Factory que creará unha Rede de Aceleradoras de economía social para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e o Norte de Portugal. O proxecto ES-Factory promove un conxunto orientadas á capacitación para o emprendimiento, o autoemprego e a creación de empresas mediante fórmulas de economía social, pondo o foco no aproveitamento de novas oportunidades de negocio derivadas das novas economías co fin de arraigar o talento no territorio transfronteirizo e garantir a estabilización laboral mediante a xeración de emprego de calidade.

Un exemplo de como os fondos europeos e a economía social poden xerar novas oportunidades, emprego de calidade e innovación ao servizo das persoas. Traballo en rede e cooperación transnacional coa economía social como marco.

Unha produción de EMUGA no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG REGIO da Comisión Europea.