ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A ficción é a que sempre nos salva en situacións de illamento. A escritora de Maniños Paula Carballeira ven de publicar en Editorial Galaxia o libro “Carabela”. Narra as peripecias da cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Para aliviar a tristeza, crea unha nena de plástico para poder comunicarse. A protagonista Carabela está soa nunha illa, segundo explica a dramaturga.
"Sería recomendable xogar cos libros de teatro, sacarlle todas as posibilidades que ten un volume dramático. Imaxinar a posta en escena da un pouquichiño máis de traballo pero neste tempo de confinamento tivemos moito tempo para pensar". En Carabela Paula Carballeira lánzanos unha mensaxe sobre a importancia de coidarmos o medio ambiente. Planeta, non temos máis ca un..
Escoita aquí o podcast:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/020720CARBALLEIRA.mp3