Cartas a Murguía. Xosé Luís Axeitos

Programa: 
Club de lectura

O epistolario de Murguía supón unha radiografía da vida cultural e intelectual da sociedade galega do século XIX. Xosé Ramón Barreiro e Xosé Luís Axeitos asinan os catro tomos da correspondencia da familia Murguía-Castro. “O que realmente é importante é a relación epistolar. El ten un caderno coas direccións de todos. Tamén despois cando saen as entregas vai poñendo cruces a cada unha das entregas ou as que non quere mandar”, afirma Xosé Luís Axeitos no clube de lectura de Radiofusión.