ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As relacións entre Ricardo Carvalho Calero e Torrente Ballester pasaron por diferentes momentos. Antes de 1936 os dous escritores ferroláns coincidiron estudando na súa cidade. Despois participaron conxuntamente na dirección do Partido Galeguista na localidade. Cando o golpe de Estado, Torrente encontrábase en Francia disfrutando dunha bolsa de estudos. Ao regresar, comprométese co rexime franquista onde chegou a ser unha autoridade a nivel local e de Galicia.
Segundo defende o biógrafo de Carvalho Calero, Martinho Montero, o informe que enviou Torrente a Jaén sobre Carvalho perxudicouno absolutamente e puido ser moi perigoso. Nun primeiro momento Carvalho estaba sendo xulgado por ser tenente do exército republicano, algo que non se consideraba grave e de feito o fiscal pedirá a absolución, pero chega o informe de Ferrol e cambia todo. Pídenlle a Carvalho cadea perpétua.
Qué decía o informe asinado por Torrente? Decía que Ricardo era boa persoa pero de ideas separatistas como militante do PG e, engadía, que fora compromisario do PG na elección de Manuel Azaña. A raíz deste informe, condean ao profesor ferrolán a unha pena de 12 anos de prisión.
Qué pasou despois con esa relación?
Cando Ricardo volve a Ferrol en liberdade condicional, a actitude de Torrente Ballester foi moi belixerante, moi negativa. En palabras de Montero, “Torrente comportouse como un difamador, tratábao mal e decíalle que estaba vivo grazas a el”.
Hai que ter en conta que Torrente era un xefecillo do rexime en Ferrol. Conta Montero que cando Franco veu á cidade en 1948 para participar nno acto de traslado do monumento a Churruca, Torrente fixo de cicerone do dictador, como queda patente no NODO que informa dalquel día. Ademais diso, afirma Montero que Torrente publica na prensa numerosos artigos sobre a guerra mundial. “Eran terribles” indica.
Martinho Montero preguntoulle repetidas veces a Carvalho por esa relación pero el esquivaba as preguntas. Nunca falou mal do outro escritorl. Ata o punto que Carvalho publicou un comentario sobre a obra de Torrente “Los gozos y las sombras” que fora levada como serie exitosa a TVE. Torrente quixo visitalo no seu departamento da Universidade de Santiago de Compostela e así o fixo. “Carvalho recibiuno con cordialidade. Era moi xeneroso e perdonoulle”.
(Na imaxe, fotograma de "Los gozos y las sombras")