ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Porque a investigación e a innovación constitúen a pedra angular da estratexia da UE para un futuro no que a competitividade, a resiliencia e a sustentabilidade serán o motor.
O Tratado de Lisboa ten reforzado as accións da Unión Europea neste campo de investigación coa finalidade de crear un Espazo Europeo de Investigación, un mercado único para a investigación e a innovación que fomente a libre circulación de investigadores, coñecemento científico e innovación, e fomentar unha industria europea máis competitiva.
Para coñecer como é este apoio de Europa á investigación conversaremos con Amalia Jácome Pumar, Adxunta de Investigación na Vicerreitoría de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña.
E para amosar como toda esta investigación ten repercusións nas nosas vidas o Dr. José Ramón González Juanatey, Xefe do Servizo de Cardioloxía e UCC do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e Catedrático de Cardioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, preséntanos New Heart, unha iniciativa que pode ser clave para transformar a atención cardiovascular desde a atención primaria en Galicia e Portugal, como mellorar o diagnóstico temperán de enfermidades cardiovasculares e a calidade de vida dos pacientes.
Un exemplo de como a Unión Europea impulsa a ciencia e a innovación, porque o obxectivo é non quedar fóra da carreira global da investigación. Porque nesta carreira, quen non investiga, non decide. E quen non decide, depende.
Unha produción de EMUGA no marco do proxecto Conexión Europa, apoiado pola DG REGIO da Comisión Europea.