ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Luís Rivadulla e Pilar Matalobos son os propietarios dos Minicines Central, un negocio familiar de resistencia que funciona no concello pontevedrés da Estrada, un exercicio de resistencia empresarial que só pode ter explicación polo seu amor ao cinema, un esforzo diario por achegar a sétima arte aos pobos e pequenas vilas e non só ás cidades.
Sendo este un mérito máis que salientable os Minicines Central téñense convertido, ademais, nun exemplo de inclusión e accesibilidade.
Ademais de ofrecer unha carteleira atenta ás novidades Luís e Pilar teñen un importante papel en programar filmes realizados en galego, imprescindible para a “normalización” do uso da lingua en ámbitos subrepresentados, tamén ofrecen propostas temáticas como o “Festival Panic”.
Pero levando máis aló a función social do seu proxecto empresarial, o último luns de cada mes, poñen a en marcha unha iniciativa de divulgación e participación na que proxectan unha peli con temática social sobre a que xira un coloquio posterior con expertos na materia que toca a película.
Entenden, ademais, a necesidade de que todo o público poida participar do goce da sétima arte e para iso organizan sesións de cinema neurodiverso para que os rapaces do espectro autista ou con outras particularidades poidan acudir a desfrutar do cinema.