Comunicación Responsable en feminino

Programa: 
Onda ODS

A comunicación desempeña un papel crucial na creación de conciencia sobre a Axenda 2030. Para que a poboación se involucre de maneira efectiva nos esforzos para acadar os ODS, é esencial que comprendan a importancia e a relevancia de cada obxectivo. A comunicación eficaz pode traducir os conceptos complexos de desenvolvemento sostible en mensaxes accesibles e significativas para a poboación en xeral, nun momento de vital importancia histórica para o desenvolvemento humano. Ao utilizar enfoques creativos e mensaxes adaptadas a diferentes audiencias, pódese espertar o interese e a comprensión sobre como os esforzos individuais contribúen ao benestar global.

Coñeceremos hoxe a experiencia de Actual Comunicación, unha empresa galega formada na súa totalidade por mulleres, que levan “axudando a dar o salto dixital” a moitas empresas galegas desde A Estrada, en Pontevedra.

Lorena Penas e Silvia Alende son os cerebros detrás dun equipo de mulleres ao servizo dunha comunicación responsable para as empresas e os usuarios e usuarias.