ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En febreiro de 2018 publicouse o primeiro volume de "Pioneiras. Galegas que abriron camiño"- Xerais- un libro que divulga a biografía de 12 galegas que foron das primeiras en ocupar espazos reservados aos homes. Aínda son poucas as mulleres que se fan cun oco no relato oficial da historia escrita tradicionalmente baixo a ollada masaculina. A boa acollida animou á sua autora, Anair Rodríguez, e á súa ilustradora, Abi Castillo, a publicar a segunda entrega de "Pioneiras" nesta ocasión son outras 11 historias de precursoras galegas. Fotógrafas, actrices, arquitectas, aviadoras...Mulleres donas de si que retaron os vetos ás conquistas femininas. Como o 24 de febreiro é o Dia de Rosalía, detémonos na primeira fotógrafa con estudio propio en Santiago de Compostela, que ademais tirou os primeiros retratos da xove escritora Rosalía de Castro. Esta é a historia de María Cardarelly.