Concepción Pérez Iglesias

Programa: 
Mulleres emprendedoras

Concepción Pérez Iglesias naceu en Santiago de Compostela en 1881. Na mesma cidade estudou Maxisterio. Destinada ao concello pontevedrés de Portas, chegará a ser concelleira primeiro e despois é nomeada alcaldesa da localidade, en 1925, sendo a primeira rexedora de Galicia e a segunda de todo o Estado.