ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai recendos e sabores da infancia que non volvemos experimentar despois, como o recendo a pan saído do forno, que son moi evocadores para a literatura. Xavier Queipo entrou no mundo das letras a través de Cunqueiro ou de Cortázar. Tamén de Thomas Mann e Proust.
Falamos de enfermidade mental e da incapacidade das sociedades por admitir o diferente. E de como os desequilibrios poden sortearse de tres maneiras; tendo unha dobre vida, emigrando ou pechándonos en nós mesmos. E falamos da Igrexa. “ Daquela altura os curas eran os orientadores… daquelas facíanse plans para os fillos e eu estaba predestinado a ser cura” afirma Xavier Queipo. E da culpa. “ A culpa era o mecanismo de control. Se pecaba de pensamento e de omisión. O demo e a maldade estaban por todas partes” A historia que conta na novela está chea de dor pero a dor pode chegar a ser unha ferramenta útil. “Hai que coñecer a dor para valorar a felicidade”.
Acabamos falando da dicotomía realidade - ficción. Para Queipo, a ficción é realidade na mente de quen a escrebe”.