In The Corner 10 de xaneiro de 2025

Programa: 
A Bancada

O programa tivo unha pequena modificación no comezo, ao prescindir dun analista fixo sobre o fútbol estatal, e as valoracións sobre a situacións dos nosos equipos foi feita pola ex futbolista Clo García desde unha perspectiva psicolóxica. A conversa deu para facer un paseo pola súa traxectoria: “En Málaga cheguei ao meu mellor rendemento. Había moi boas condicións, moi bo equipo, con futbolistas que agora están na Primeira División, unha boa estrutura de club e de equipo técnico”.

A segunda convidada foi Andrea Albiol, a mellor goleadora do primeiro grupo de Terceira Federación. Nesta, súa segunda temporada no Sárdoma, considera que está tendo mellores números que na anterior, malia que o ano pasado gozou de moi boas sensacións. Falou tamén das ofertas que tivo o pasado verán: “Creo que o diñeiro non o dá todo e é moi importante sentirte ben onde estás”. 

Mara Jiménez, técnica do Celta B, fechou o programa na sección de fútbol autonómico. Inicialmente segunda de Vicky Vázquez no primeiro equipo, acabou permutando o posto con David Ferreiro: “A Liga está sendo moi competida e a derrota contra o Boiro serviunos de punto de inflexión”. Tamén falou da razón do axuste nos cargos e das posibilidades do primeiro equipo. A consecución do seu obxectivo condiciona o ascenso do B.