In The Corner 11 abril de 2025

Programa: 
A Bancada

Tramo final das ligas cun partido decisivo para el Deportivo, na Primeira División, que recibe en Riazor ao Levante Las Planas. A herculina Olaya está convencida de “que gañar este partido vai ser moi especial”; máis tendo en conta que Estefanía Banini, a arxentina do cadro badaloní, afirma que o afrontarán “como una final”. N sección “As nosas emigradas” tivemos a Tati Barcia, que vive a súa primeira experiencia fóra de Galiza nun Alavés, que pode regresar á máxima categoría; “Aínda queda moito, pero gustaríame estar co equipo na Primeira División”,

O feche púxoo Paula Armada, a fútbolista do Sárdoma cadete e do sénior B, que loita pola permanencia na Primeira Galega. A viguesa deixounos toda unha lección de fair-play na súa entrevista: “Se xogamos o descenso no último partido o At. Arousana e nós, sufrirei pase o que pase porque somos compañeiras de fútbol e para elas sería un golpe baixo, igual que para nós”.