ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Cunha valoración feito pola deportivista Marina Artero, sobre o Deportivo-Madrid do sábado, a valoración dun partido que devolverá a Riazor a Juanjo Vila, Santi Vieitez analizou a xornada dos galegos no fútbol estatal falando tamén do Pradejón-At. Villalonga e do que se espera na fin de semana no grupo I de Terceira Federación. Un dos partidos, Oviedo B-Victoria da Coruña, deunos pé a ter como convidada a Iria Santos, centrocampista do cadro herculino. O Victoria da Coruña é un equipo capaz de facer dano a calquera dos favoritos e o obxectivo será aspirar a algo inesperado e bonito, como loitar por estar entre na parte alta da táboa. Iria, logo dun ano de ascenso en Avilés, retornou ao cadro da Escalinata, onde deixara as portas abertas de par en par. O equipo afronta unha nova etapa cun novo técnico, que se inicia no fútbol feminino: “Non coñecía de antes a Javi Angeriz e podo dicir que sabe comunicar moi ben o que quere”, sinalou a futbolista nunha parte da charla, valorando o seu benestar no equipo.
Baixando un chanzo, salientamos o partidazo desta fin de semana entre entre o Orzán, filial do Deportivo, e o Celta B. Iria Otero, unha xogadora que podería estar perfectamente no Deportivo B, onda xa acumulou uns cantos minutos nas pasadas temporadas e na actual, deixou ben definido como deberá ser o derbi: “A clave do partido estará en non cometer erros, na solidez do equipo desde atrás e en gañar os micruduelos que se produzan durante o xogo”.