ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

O segundo episodio da temporada serviu para falar do inminente Deportivo-R. Madrid, que abre a terceira xornada da Primeira División. Inês Pereira foi a protagonista logo da súa fichaxe en propiedade do cadro galego. A internacional lusa foi quen compareceu ante os medios esta semana. A Segunda Federación iniciouse cun éxito pleno do fútbol galego. Deportivo B, Victoria e Celta venceron nos seus compromisos e Cande é a lideresa das goleadoras. O programa dedicoulle espazo ao comezo da Terceira Federación. Unha das noticias máis importantes da pretemporada é que Cruz Sánchez pendurara as botas e pase a ocupar o banco do Bergantiños. Cruz fala das novas fichaxes, sobre todo desa extraordinaria de Rebeca, procedente do Tordoia. O remate do programa tivo como protagonista a Antonio Martínez, presidente do Domaio, que falou das razóns polas que o equipo retirouse da competición.