ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hoxe, dentro da análise da xornada, puidemos entrevistar á deportivista Athenea. A cántabra falounos do estado anímico do equipo logo dos últimos catro puntos. Nese sentido, comentou que “o equipo está bastante contento” e esa motivación é boa de cara a un próximo partido contra o Betis, “no que sumar os tres puntos van axudarnos a conseguir a permanencia”. Aproveitamos para lembrar á súa polémica fichaxe, que para ela “foi un momento no que o pasei mal, e no que o Deportivo apoioume moito”. Falamos da súa estrea en Primeira contra o Espanyol e aquel penalti provocado cando levaba dous minutos no campo: “fixen as cousas que sempre fixera e saíume ben”, comentou. En relación ao equipo da pasada campaña, que foi revelación na máxima categoría, salientou que “eramos xogadoras moi novas, con moita ilusión, gañas de demostrar moitas cousas e, aínda, co apoio do público en cada partido de Abegondo para facer grandes cousas”. Igualmente, centrándonos nas súas características ofensivas e a súa conexión con Peke, valorou á súa compañeira dicindo que “Peke dáme a madurez que eu aínda non teño e parendo dela todo o que podo”. O programa pasou polas curiosidades da temporada que protagonizaron o Deportivo, a colexiada Cuesta Arribas, Friol, Lucía Pardo, os empates do Deportivo e a dianteira do Viajes Interrías, Conie Caliz.
Outro dos asuntos foi o da sentenza de dous anos de prisión e oito de inhabilitación para o exercicio da función pública ao presidente da RFGF, Rafael Louzán Abal. Tivemos as declaracións de onte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que foron valoradas, xunto á condena penal do dirixente futbolístico, por Marta Souto, que fora Directora Xeral para o Deporte, e por Toño Vázquez, presidente do Órdenes, persoa de recoñecemento no fútbol galego actual. Ficou no tinteiro a do presidente do Coruxo, e ex candidato á presidencia da RFGF, Gustavo Falqué que, en calquera caso, estará no programa do próximo venres, o do 19 de febreiro.