In the Corner 12 Marzo 2021

Programa: 
A Bancada

“Vai ser una fase complicada, pero hai que ir a por todo.” Así comezaba Nerea a entrevista no sexto programa de In The Corner, falando do que queren que sexa a fase pola permanencia que xogará o Friol a partir da penúltima fin de semana deste mes.

Nerea González Cuquejo acaba de cumprir 23, é a futbolista coruñesa do eterno sorriso que sabe ver, que sabe interpretar e que sabe executar. Orzanista adolescente, victorista postadolescente, e finalmente, unha xogadora con discurso poderoso, non só no futbolístico, á que a vida lle fixo madurar. A herculina deixounos ese tránsito en tres frases: É certo que cando vai pasando o tempo e o das túas oportunidades, cres que non está para tí. Embaixónaste nalgúns momentos, pero se sorrío xogando ao fútbol é porque o gozo, Quixen facelo desde pequeniña o fago cun sorriso porque me gusta.” Sobre as súas características de xogo “acostumo a tentar, desde pequena a xogar, cortita e ao pie. Sei cales son as miñas calidades e tento explotalas. Gústame que o fútbol sexa vistoso e se podo facer un cano, facelo, prefiro filtrar un pase a meter un gol e iso parte de xogar na rúa.” A súa traxectoria nace na rúa e na gardería: “Comecei no Vioño, pero a miña profe de gardería era Pili Neira, sabía quen era e levoume para o Orzán.” 

Su valoración sobre os obxectivos do Friol foron entrando na realidade a medida que pasaban os partidos: “Fomos pasando un pouco por todo. Chegamos e cando vimos o equipo que tiñamos, creceron as esperanzas. Logo, queres máis, é algo natural do ser humano. Ao final quedamos nesa posición de táboa e imos a por todas.”

O Friol estivo mellor fóra que na Reigosa: “Creo que nos campos nos que xogamos fóra eran máis grandes, fixemos un fútbol máis directo e a Lucía Pardo, a nosa xogadora estrela, tamén lle beneficia. Ese foi o noso punto forte e por esa razón agora facemos un fútbol máis directo.”

En canto ao futuro e un posible regreso ao Victoria. Nerea ten claro que “quero volver marchar fóra da Coruña. Se o Victoria subira, que é algo que me alegraría, volvería alí, pero en principio, quixera seguir estando fóra. Gústame viaxar, coñecer culturas ...”

Nerea ten claramente un referente futbolístico: “Ten a miña idade e a miña amiga, O meu referente é Patri Guijarro, Levo enfrontándome a ela desde que xogaba na seleccións. Patri “currou” para estar onde está, envéxoa e creo que é un referente que deberían ter todas as nenas pequenas. Ela xogaba no “Colle” e non estaba nun filial dun equipo grande. En canto aos masculinos teño moitos, antes vía máis fútbol masculino, pero se tivera que ficar con algún diría Djalminha, é un xogador que me gusta e que tamén saca un sorriso.”

A mediacentro falou da profesionalización: “O fútbol feminino mellorou moito nunhas cousas e faltan outras moitas por mellorar. Os clubs comezan a tomarnos en serio, somos máis importantes para poder tomalo como o noso traballo, como o noso todo.”