ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Programa 88 de In The Corner coa análise da última xornada ligueira do ano. Tivemos como convidada a Vázquez, a central madrileña do Deportivo B. Aproveitamos o seu pasado no R. Madrid para que tamén nos aportara cousas sobre o inminente partido das branco e azuis contra as merengues na máxima categoría. Sobre a súa estrea na zona noroeste da Terceira Federación falou que o fútbol aquí se vive con outra intensidade. En relación ao sistema do seu equipo desde a súa perspectiva defensiva salientou: “Síntome máis cómoda nunha liña de tres que nunha de catro e con que o equipo teña maior profundidade ofensiva dese xeito”. Aludimos ao Friol e a esa denuncia de hai algunhas xornadas sobre a presenza de Covi Regueiro, sancionada por cinco anos, denunciada pola Bovedana. Aínda se está á espera da determinación do Comité de Competición. No apartado de fútbol autonómica contamos con Sinoé Alves, que nos falou do Lóstrego B, do traballo que veñen facendo en todas as categorías coas xogadoras, d o papel de xogadoras experimentadas coma Ove e do partido do domingo contra O Val, un dos máis interesantes da xornada: “O Val sempre é un equipo difícil, que non só se limita a unha futbolista como Noemi. Vai ser un partido intenso”.