In The Corner 13 de febreiro de 2026

Programa: 
A Bancada

O Deportivo asinou en Fuenlabrada a maior goleada da súa historia na máxima categoría e recibe ao Sevilla. Será un partido entre dous equipos no seu mellor momento de forma da temporada. David Losada, técnico do Sevilla, fala das súas expectativas para o partido e a deportivista Samara fai o propio.

Na Segunda Federación os tres equipos galegos veñen de sumar. O partido máis importante da fin de semana é o R. Sociedad B-Celta- As donostiarras, sen Matilde nin Isasisasmendi, son terceiras, e as olívicas, segundas. Muñi fai unha valoración do que pode dar de si o cadro galego no partido e no que resta de campaña.

No estudio estivo Raúl Martos para falar do seu competitivo Bergantiños, unha das revelacións da Terceira Federación galega xunto ao Lóstrego. Analizamos a categoría noutra semana de folga no grupo.