In The Corner 13 de maio de 2022

Programa: 
A Bancada

Intenso programa dedicado inicialmente á crise do Deportivo, co récord histórico negativo de Llorente, que en Mareo acumulou a terceira derrota consecutiva do equipo, primeira vez que isto sucede en Segunda División. O outro lado da crise está dentro do vestiario, coas acusación de racismo contra o técnico, que terán que determinar, cando menos en primeira instancia, os mandatarios do club. O terceiro capítulo foi a breve análise do partido contra o Logroño, que vai ter lugar, como o resto dos que falten na casa, en Riazor.

O resto do programa tivo que ver con celebracións. Primeiro entrevistamos a Luís Teviñiño, tecnico do Viajes Interrías, para rememorar e valorar o ascenso do seu equipo. A continuación, no apartado de fútbol autonómico, logo do breve repaso á nova xornada, tanto en Primeira como en Segunda (últimas eliminatorias de ascenso), tivemos no mocrófono a Gabi Couñago, técnico do Lóstrego, que xogará na próxima campaña en Primeira Nacional. Finalmente, na sección “as emigradas”, metímonos no autobús do Alhama, de viaxe a Pozobranco, onde pode ascender a Primeira División española, para falar con Andrea Carid, a compostelá que vive outro momento importante da súa carreira co equipo murciano.