In The Corner 14 de febreiro de 2025

Programa: 
A Bancada

Os dez de doce puntos do Deportivo, co triunfo en Zubieta, a virada do At. Villalonga ante o At. Madrid C e se a crise está superada, o asunto Mapi León e Daniela Caracas, así como a nova xornada de Terceira Federación coa valoración de Toni Martínez, técnico do Sárdoma, ante o partidazo contra o Villa de Simancas: “Partido moi importante porque nos permitiría abrir unha fenda cun rival directo (...) e seguir enganchados aos postos altos”, ocuparon a parte do programa dedicado ao fútbol estatal. Con Marta Cascón falamos do Friol-Victoria C.F. e os só catro partidos que gañaron ás perruqueiras logo de 32. En canto á Primeira Galega, contamos coa valoración de Óscar Barrientos, técnico do Sp. Cambre, que logrou un empate espectacular ante o Celta B, e a de Uxía Saavedra sobre a derrota do Val en Boiro: “O equipo foi pensando en gañar e logo da derrota foi unha semana de silencio”. De cara a esta fin de semana valoramos como partidos da xornada o Celta B-Orzán e o At. San Pedro-Boiro.