In The Corner 14 de marzo de 2025

Programa: 
A Bancada

Recollemos a comparecencia de Eva Dios sobre a súa renovación no Deportivo até o 2029. O Sp. Gijón, próximo rival do At. Villalonga, está mergullado nunha crise de resultados. Tivemos connosco a Laura Testa, unha das dúas galegas que este ano xoga coas asturianas: “O vestiario está forte para afrontar o final de liga”. Baixando até a Terceira Galega, de cara ao partido da xornada entre o Sárdoma e o O. León, falamos coa sardomista con máis minutos no torneo, Nerea, coa que falamos dos seus sete anos de traxectoria no fútbol estatal e de que pode ser o partido: “Creo que será bastante duro, afrontámolo con moitas gañas e coa vontade de cambiar o resultado de León”. Unha das xogadoras da pasada xornada foi Iria. A xogadora do Lugo falou do seu primeiro dobrete en Terceira: “O dobrete sabe a vitoria e á alegría de poder axudar ao equipo a sumar estes tres puntos”. Logo da análise de Moi Campos sobre a nova xornada de Primeira Galega, entrevistamos a Víctor González, director deportivo do Domaio, un equipo que está denunciando varias irregularidades que se producen semanalmente na competición: “Temos que loitar porque as competicións sexan o máis xustas posibles, que as leis sexan iguais para todos”.