In The Corner 14 de xaneiro de 2022

Programa: 
A Bancada

Primeiro In The Corner do 2022 con dúas entrevistadas con grandísimo recorrido no fútbol. Unha como xogadora, Natalia de Francisco, con dez equipos desde a súa primeira campaña en El Olivo, na temporada 2004/05, e con éxitos internacionais tamén no fútbol praia. A ourensá é, con nove dianas, o principal referente ofensivo do Viajes Interrías, líder destacado do grupo I da Primeira Nacional, logo que Luís Treviño lle devolvera a confianza que precisaba, como ela recoñece. A outra é Irotxa Rey, delegada do C.D. Lugo, que antes foi xogadora, capitá e directora deportiva da Milagrosa. Nas curiosidades da xornada anterior tiveron repercusión a derrota por dous goles do Deportivo diante do Espanyol, o primeiro triunfo como visitante do Victoria de Santiago co primeiro gol de Anita, as dúas expulsións seguidas de Covi na mesma fin de semana, as derrotas do Deportivo B en Abegondo, así como o que acontece cando non xoga no campo 5, e os cen partidos de Pauleta co S.L. Benfica. O programa contou coa participación de Pere Tobaruela, habitual na análise dos nosos equipos en categorías estatais, e de Bárbara Grandal, especialista no fútbol autonómico.