ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
No episodio 85 de In The Corner falamos do derbi vigués da pasada xornada, do golpe que pode supoñer para o equipo a derrota en Sárdoma e do que pode supoñer a permuta de David Ferreiro por Mara Jiménez hai tres semanas. Tamén da nova mudanza no banco do Friol. Isabel Martín pasou de ser porteira a exercer de técnica do equipo, e mencionamos a El Yamani, a goleadora de Deportivo B, que xa suma nove dianas e alcanzou á sardomista Albiol na cabeza da táboa. Puxemos unhas pinceladas ás árbitras galegas, con Zulema González pitando o R. Madrid-Barcelona e do Racing de Santander, novo rival do At. Villalonga nun partido que pode decidir as opcións das de Sanxenxo. Para o Deportivo-Espanyol estendemos a alfombra vermella para recibir a unha histórica do club perico: Titi Camúñez. Con ela falamos do seu pasado no club, desde a fundación, e do equipo que poderemos ver o domingo en Riazor: “Desde hai unhas xornadas estamos xogando con tres centrais (...) O principal problema é que precisamos unha xogadora que poña pases para que as nosas atacantes teñan uns contra uns”. No fútbol autonómico, Moi Gómez entrevistou a Uxía Romero. A futbolista do Umia falou do derbi da Lomba, contra o At. Arousana: “Estar fóra do descenso agora non vai cambiar o noso enfoque do partido”. No programa mencionamos o inminente I Congreso de Fútbol Femenino, que terá lugar o próximo 21 e 22 de novembro en Irún.