In The Corner 15 de outubro de 2021

Programa: 
A Bancada

In The Corner tivo como primeira protagonista a Xeila Márquez, para a maior parte de futbolistas, Equis. Coa redondelá viaxamos por diversos momentos da súa carreira, desde os seus comezos no Bértola, a morriña da súa nai para que volvera a Galiza logo do seu paso polo Reocín, e esta longa etapa da súa traxectoria, ás ordes de David Ferreiro, no Sárdoma. Abordamos o acontecido na última semana, coa solidez do Deportivo e do Viajes Interrías, en cadansúas categorías, e demos unha visión do que pode ser a próxima xornada, cun partido estelar, Oviedo Moderno B-Viaxes Interrías. As curiosidades da semana protaginizáronas María Ruiz e Ana Valles (Deportivo), as goleadoras galegas na Copa e o liderado na táboa de Ali (Friol), o primeiro posto do Viajes Interrías seis meses e medio despois do anterior e os árbitros, non árbitras, que asubiaron os 25 partidos xogados en Galiza, nas ligas estatais, no que vai de campaña. Bárbara Grandal fixo o seu repaso pola Primeira Galega, que comezou na pasada fin de semana, e finalizamos entrevistando a unha emigrada de luxo, Ana Buceta, que esta temporada fichou polo Oviedo.