In The Corner 17 de decembro de 2021

Programa: 
A Bancada

O derradeiro In The Corner de 2021 estivo centrado no primeiro liderado da temporada do Deportivo antes da folga competicional de Nadal. Con Pere Tobaruela, analizamos as valoracións de Miguel Llorente, técnico deportivista, do que levamos de torneo, o partido contra o Levante Las Planas e, baixando de chanzo, o que está sendo a Primeira Nacional, no seu grupo I, agora que chegamos ao ecuador da competición. Entrevistamos a Luís Treviño, técnico do líder, Viajes Interrías, que malia ter un partido menos, o que xogará o domingo en León para chegar aos 13 encontros do resto, xa conseguiu coas súas xogadoras o campionato de inverno. Os colaboradores do programa deron seus prognósticos sobre quen gañará a Liga en Primeira División, quen subirá e quen estará entre o segundo e o cuarto lugares do grupo Norte da División de Prata e, no relativo á Primeira Nacional, quen serán os tres primeiros do grupo I e que dous conxuntos vivirán o dobre descenso a Primeira Autonómica. Bárbara Grandal, que tamén participou da "aposta", deixounos a súa valoración sobre a Segunda Autonómica, pois a Primeira non compite até 2022, e un pequeno consello. Volvemos para o ano. Mentres, que teñades unhas boas festas e, lembrade, "Nunca camiñaredes soas".