In The Corner 17 de setembro 2021

Programa: 
A Bancada

Esta semana, o programa In The Corner tivo como convidados a Jito Quintana, Cris Oreiro e Clo García. As dúas primeiras persoas fixeron unha valoración sobre os seus respectivos equipos, Umia e Victoria da Coruña, en canto ao que está resultando o comezo do campionato de Primeira Nacional, no seu primeiro grupo, e o que poden ser os partidos que disputarán mañá mesmo (18/09/2021), contra o Sárdoma, en Barrantes, e contra o Friol, no Rodrigo García Vizoso, no que se presenta como o partido da xornada en Galiza, toda vez que a Segunda División, na que milita o máximo representante galego, o Deportivo, folga.

Pola súa banda, Clo, que cumpre a terceira campaña no Málaga, falounos das súas vivencias desde a súa época en El Olivo para rematar contando sobre a súa adaptación á posición de carrileira na banda esquerda do conxunto da Costa do Sol. Polo medio, tamén mostrou compricidade coas preguntas de tres persoas próximas na sección “A amiga invisible”.