In The Corner 18 de febreiro de 2022

Programa: 
A Bancada

A situación do Deportivo e as dificultades dos últimos encontros, xusto antes de afrontar dous compromisos importantísimos lonxe de Abegondo, contra Zaragoza e AEM, o tapado do grupo, tal vez nun momento non óptimo da campaña, foi o tema inicial do programa 42 de In The Corner. Pere Tobaruela comentou, ademais disto, no retorno da Primeira Nacional, o por que equipos como Viajes Interrías e Friol, sen ofrecer un fútbol atractivo, mandan na táboa, nun momento no que o terceiro do grupo volve a ter opcións de ascenso. Os partidos a salientar están en Abegondo e na Coruña, con loitas para evitar o descenso na que están implicados os equipos visitantes, nomeadamente, Mos e Victoria de Santiago. Bárbara Grandal, actualizou a situación da Primeira Galega e parou en cada un dos seis grupos de Segunda, cando entramos no momento decisivo da primeira fase da competición. Na sección das nosas emigradas, esta semana si, entrevistamos a Líber, a viguesa que desde hai moitos anos defende as cores de equipos asturianos. A parte final estivo dedicada á saúde, cunha entrevista a Andrea Seijo, profesora da Facultade de Fisioterapia da UDC, profesional contrastada en equipos como o Deportivo feminino e, no fútbol sala, o Burela e o Viajes Amarelle. Con ela descubrimos un mundo que pode axudar, mesmo con recursos baixos, a optimizar o traballo e protexer de lesións ás xogadoras. É evidente que o fútbol feminino non pode ser unha réplica do masculino.