In The Corner 18 de outubro de 2024

Programa: 
A Bancada

Neste episodio tivemos como convidadas a Laura Otero, a dianteira do Deportivo B, que logo do 14-0 ao Romanón afronta o partido da xornada contra o O. León: “Que teñan mecanizados movementos tamén pode favorecer a nosa eficacia no xogo”, sinalou, en canto ao que pode ser o partido e o traballo de anos de Vitolo Santos no banco das “olímpicas”.

Eugenia Gil é unha das mellores árbitras españolas. Desde 2019 está na Primeira División feminina, e a pasada foi a súa mellor campaña. Internacional e en Primeira Federación masculina, acaba de recibir un premio de moito prestixio por quen tiña como competidores na Coruña. Falamos diso ademais de tres momentos importantes na súa vida deportiva. Un deles foi a pasada final da Copa da Raíña: “Vivino dun xeito moi especial por se fora a primeira e a última”. Igualmente, contounos o seu vínculo co atletismo e a súa estadía de dous anos nos Estados Unidos.

Finalmente, falamos con Vir del Río, unha das técnicas máis salientablesdo ano polos resultados na súa estrea e a do seu equipo, At. San Pedro, na Primeira División Galega. “Cando ía rematar a miña etapa no At. San Pedro pedíronme que collera ao equipo feminino e aquí estamos”.