In The Corner 18 xuño 2021

Programa: 
A Bancada

Os sorteos son caprichosos máis veces do que se pensa. Desde hai case dúas semanas sabiamos que o foco informativo do fútbol feminino galego pasaba por un dobre duelo bético herculino. Iso , o remate da segunda fase na Primeira Galega e o comezo da fase de ascenso da Segunda autonómica, marcan o guión do In The Corner do 18 de xuño, tendo en conta, que na fase de permanencia do territorio chanzo do fútbol español, perdeu afortunadamente a emoción ao confirmarse a salvación do Umia, e incluso a de quen sexa sexto clasificado no grupo I. Patri, do Deportivo, e Mari Paz, do Betis, foron as protagonistas principais do programa, que tivo como feche a entrevista á técnica do Victoria, Cris Oreiro. Betis - Deportivo o sábado, Betis B - Victoria, o domingo. Como se di, alea jacta est, nun mesmo lugar, a Ciudad Deportiva Luis del Sol, e a unha mesma hora, 11 da mañá de cada un deses dous días.