In The Corner 19 Febreiro 2021

Programa: 
A Bancada

Zulema González foi a figura máis relevante do fútbol galego dos últimos días. O protagonismo chegoulle co nomeamento para asubiar a final da Copa de España 2019/20, celebrada o pasado sábado en La Rosaleda (Málaga). Tivémola no terceiro programa de “In The Corner”, no que falou dese encontro: “Quedei moi contenta por como saíu o partido. Asubiar unha final é un soño feito realidade.” A colexiada internacional dixo que “nós traballamos para estar entre as candidatas a ese partido” que, por outra parte “non tivo xogadas complicadas”. A preparación do choque “ademais do traballo físico e técnico, inclúe a comunicación pautando palabras clave para cada situación do xogo a través do que comunmente coñecemos como “pinganillo”, e un estudo dos equipos. Por exemplo, se sacan corners en curto, ou se unha xogadora golpea a pelota coa dereita ou a esquerda. Eses coñecementos, permítenos estar nunha mellor posición para ver o xogo.” A súa afección polo fútbol vén de lonxe, “xoguei até cadetes, pero en Ourense, como había poucos equipos e non me atraía tanto o fútbol sala, decidín optar pola arbitraxe”. Zulema González non se consideraba boa xogadora, “eu era moto de correr e pouco técnica”, afirmou. Tamén podía progresar nos bancos loque que “fixen o curso de adestradora e teño o título UEFA B”. A ourensá confirmou que dous dos momentos máis importantes da súa carreira foron a estrea na Terceira División e a consecución da escarapela FIFA, seguindo os pasos do seu tío, Bernardino González, na actualidade, presidente do Colexio Galego de Árbitros.

 

O programa analizou a situación do Deportivo e do Friol logo das súas derrotas contra o Betis e o Friol, que lles abren un panorama perigoso. No caso das luguesas, aumentando as súas probabilidades de afrontar a segunda fase no grupo que loitará pola permanencia.

 

No que respecta ás “Curiosidades da xornada”, as protagonistas foron Zulema González. Os dez anos de diferenza entre os catro goles do Sporting ao Friol, o sétimo hat-trick de Lucía Pardo en Segunda División, o do pasado domingo logrado un ano e seis días despois do anterior, os catro goles que leva recibidos o Deportivo no minuto dous de partidos nesta campaña e os goles que sempre lle marca Peke a Gérard.

 

Na parte final tratamos brevemente a volta das competicións autonómicas con Bárbara Grandal e fechamos cunha entrevista a Rafael Ruiz Muga, un dos precursores do fútbol feminino español e tamén un dos artífices do primeiro partido xogado pola selección española non recoñecida, do que se cumpre o cincuentenario o próximo día 21.