ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu

Unha triste noticia fixo comezar o programa cunha introdución non prevista e a sentida mensaxe de Rafa Ruiz Muga ao seu amigo Jose Mañana. Dous pioneiros verdadeiros da construción do fútbol feminino en España hai sesenta anos.
O remate das competicións fai que as pulsacións aumenten nestes momentos do ano. O Deportivo xoga en Barcelona fronte a un dos mellores equipos do mundo tentando rabuñar algo que o afaste do penúltimo lugar. Mentres, o At. Villalonga remata a liga dun xeito tranquilo pelexando pola sexta praza contra o Eibar B.
O punto forte do episodio está na Terceira Federación, co confirmado ascenso do Deportivo B, polo que entrevistamos a Óscar Orro, o seu técnico, que confirmou a razón principal do éxito: “O rival eramos nós mesmas e se impoñíamos o noso xogo e traballaramos como tiñamos que traballar, consideramos que non teriamos rival”.
Un dos focos da xornada do domingo estará nas Relfas. O Sárdoma e o equipo que menos probabilidades ten para lograr o ascenso directo fronte ás posibilidades do Celta e do O. León. Malia todo, Toni Martínez, caso de logralo ao remate do encontro fronte ao Oviedo B recoñece que sería a consecuencia dun esforzo: “O grupo está dando todo para lograr ese ascenso”.
Por último, analizamos partido a partido a penúltima xornada da Primeira Galega, que xa ten ascendidos a Orzán, Boiro e O Val, pero aínda lle quedan dúas (ou tres) prazas máis. A loita polo descenso tamén é descarnada, con Victoria B de Santiago, Sárdoma B, At. Arousana e Umia na lea.