In The Corner 2 xullo 2021

Programa: 
A Bancada

O penúltimo "In The Corner" da temporada centrouse na análise do descenso do Deportivo a Segunda División. A falta de Manu Sánchez, imposibilitado, segundo o club, polas vacacións, a análise foi feita por catro xornalistas que exercen na cidade herculina, nomeadamente, Silvia Carregal, de As Nosas, Óscar Martínez, de Radio Marca, Sara Gallego, de Inter Coruña Radio e Radio Libertad, e Rocío Candal, da TVG, RG e Riazor.org. Houbo frases escollidas do director deportivo, Pablo Pereiro e a emotiva e crítica despedida de Esther Sullastres. Na última parte do programa, metidos no fútbol autonómico, tivemos a Pere Tobaruela, técnico do Villestro, que ascendeu a Primeira Nacional o pasado domingo