In The Corner 20 de febreiro de 2026

Programa: 
A Bancada

Aproveitando a primeira convocatoria da galega Pauleta con Portugal, o episodio dá un repaso polas predecesoras da redondelá que chegaron á internacionalidade absoluta. Antes da xanela de seleccións terá lugar a xornada 21 da Primeira División e María Gabaldón, xogadora do Levante U.D., apunta a importancia do partido que o seu equipo disputa fronte ao Deportivo. Tamén falou disto a uruguaia Pizarro.

Logo do repaso da Segunda Federación entrevistamos a Bego Aldao logo da reclamación xudicial interposta polo equipo contra o Concello de Vigo. A presidenta do Sárdoma fai unha exposición dos feitos e os argumentos do club que sustentan a demanda, partindo dunha presunta discriminación ao equipo feminino desde a institución pública.

No esudio estivo Marcos Casal, técnico do Val, para falar dun dos partidos da xornada na Terceira, O Val-Tomiño, no que naronesas e miñotas loitan pola permanencia.