ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Deportivo continúa no momento malo da temporada. A súa nulidade ofensiva, xogando o segundo tempo cunha máis, demostrouno contra o Logroño. Agora afronta os seus dous últimos partidos coa esperanza de agarrarse aos postos que lle asegurarían a permanencia. Para chegar ao quinto lugar deberá superar ao Oviedo Moderno, rival na penúltima xornada, no encontro do domingo, ás 11,30, en horario unificado para todo o grupo, non Tensi-1. Entrevistamos a Jito Quintana, que nos deixou a primicia da súa marcha do Umia. Valoramos a temporada das viquingas o o seu prometedor futuro, con futbolistas como Minerva Riveira, aposta persoal do técnico saínte, ou Minerva Bóveda, e a aprendizaxe ao lado de xogadoras experimentadas como Míriam Domínguez. Pere Tobaruela achegounos o que está sendo a Primeira Autonómica e con Martina Soto (Narón O Freixo), Marta Cascón (Amistade Meirás), ambas no estudio, e Noelia Noya (Sp. Cambre), por teléfono, falamos dos ascensos dos seus equipos a Primeira Galega. Joshua Dopico, concelleiro de deportes en Pontedeume, fechou o programa presentándonos a exposición retrospectiva sobre o fútbol feminino na vila eumesa, que se abre este venres e poderá visitarse, de luns a venres, na Casa da Cultura, até o 4 de xuño.